EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁNGULOS COMPLEMENTARIOS E SUPLEMENTARIOS

Dende a metodoloxía ABN traballamos os ángulos complementarios e suplementarios con máis facilidade. 
O alumnado estamos acostumados a calcular números complementarios a seguinte decena, centana,etc... Neste caso traballamos os complementarios ao 90,180 e 360 dependendo da pregunta.
Deixamos este xogo para ir practicando.

http://www.mundoprimaria.com/juegos-matematicas/juego-amplitud-de-angulos/
 

MULTIPLICAMOS COMO OS EXIPCIOS.

Este exercicio foi unha sorpresa para nós pois na aula de 2º de primaria xa éramos capaces de multiplicar sen coñecer as táboas e o facíamos de forma moi parecida.Cada un/unha descompoñía o producto en  sumas ou restas de productos parciais.
Os exipcios multiplicaban só utilizando o dobre como podedes ver na imaxe do exercicio do libro de texto de 1º da E.S.O.


Tras ver o exemplo do libro puxémonos a multiplicar e o alumnado de segundo de primaria realizaba as multiplicación con facilidade debido ao gran dominio que teñen dos dobres pese a ser unha activida de 1º da E.S.O.

                            




ABN NA ESCOLA

Nesta páxina poderedes disfrutar de actividades ABN.

PON A PROBA O TEU CALCULO MENTAL CON ESTE TEST

http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/MATEMATICAS/calcsumyrest/index.htm




APLICACIÓN PARA TRABALLAR COS EUROS


 



Os números primos e os divisores dun número.

Esta actividade a realizamos nas aulas dende 1º de primaria ata 6º de primaria. O coñecemento dos números primos é comun a todos os cursos. É un concepto doado de coñecer para o alumnado o algo que facilita moito a súa aprendizaxe.
A idea que queremo transmitir ao alumnado é a de reparto ( divisibilidade dun número).
Comezamos construindo un número con palillos e inventando un problema de reparto con esa cantidade para unha soa persona.
Ex. Teño 3 caramelos e os regalo a unha amiga. Cantos caramelos lle tocan?
Conclusión á que chegou o alumnado despois de traballar diversos problemas:
Calquera número divido entre 1 obten como resultado o mesmo número.

Despois con outros números que construímos con palillos experimentamos o que sucede se o repartimos en tantas partes coma o mesmo número indica.
Ex. Teño 6 caramelos se os reparto entre 6 amigas. Cantos lle tocan a cada unha?
Conclusión do alumnado:
Calquera número pódese dividir entre si mesmo dando de resultado 1.

Por último manipulamos os números construídos con palillos para intentar repartir en partes iguais sen ser a unidade e o mesmo número. A pregunta que lle realizamos ao alumnado é : Cantos grupos iguais podemos facer?


Todos os números que cumplan só as dúas primeira premisas son números PRIMOS.
No caso de que algún número se poda descompoñer en outros grupos distinto de 1  e ese mesmo número non será un número primo.

CONSTRUCCIÓN DO NÚMERO 11                  








REPARTO EN DÚAS PARTES IGUAIS ( 6+5)


 






REPARTO EN TRES PARTES IGUAIS ( 4+4+3)













REPARTO EN 4 PARTES IGUAIS  ( 3+3+3+2)









REPARTO EN 5 PARTES IGUAIS (2+2+2+2+3)













E ASÍ SUCESIVAMENTE.






O alumnado manipulando palillos e con certa rapidez comproba e experimenta que o número 11 só se pode repartir en partes iuguais nun só  grupo ou en 11 grupos de 1 palillo cada un concluíndo que é un número PRIMO.

O alumnado tamén chega as seguintes conclusións tras manipular os números:
- Todos os números pares menos o 2 non son primos, pois a súa metade é exacta.
- Cando comprobamos si un número é primo unha vez que superemos a metede dese número se non podemos repartilo de forma exacta será sempre primo.
- Todos os números rematados en 5 agás este non son primos.

Na aula de 4º, 5º e 6º introducimos o concepto de divisor dun número. Moi doado de entender ao manipular e poder ver os divisores.
Ex
P: - Busca si o número 8 e primo?
A: - Non, pois podemos facer grupos de 2 e de 4 a maiores de 1 e 8.
P: - Pois todos esos son os divisores do 8 ( 1,2,4,8).


Aplicación para realizar sumas ,restas e multiplicacións en ABN.






Aplicación para dividir en ABN


























Ningún comentario:

Publicar un comentario