xoves, 10 de marzo de 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ABN

SCRATCH aplicación para crear actividades ABN

O programa que vos imos a amosar permite realizar unha gran variedade de actividades ABN :
Descomposición de números, traballo no cadrado do 100, operacións, traballo con moedas,etc...
Pero o mellor de todo e que podedes crear as vosas propias actividades.


https://scratch.mit.edu/studios/1900123/

mércores, 17 de febreiro de 2016

APLICACIÓN PRÁCTICA DA ESCALEIRA ESCENDENTE XOGANDO

A escaleira ascendente é un dos catro tipos de resta que utilizamos en ABN.
Neste xogo que vos mostramos o alumnado poderá ver unha aplicación práctica e da vida real de dita operación.
Á hora de realizar un pago e querer coñecer a volta o cálculo que facemos é unha escaleira ascendente.
É decir contamos a diferenza dende o prezo do produto ata a cuantía ca que pagamos.
Como podedes ver este tipo de resta resólvese sumando.
Agora toca practicar xogando.


http://www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/actividades/gal/nuevas/devolver.html

venres, 29 de xaneiro de 2016

O BLOG DO ABN DE NEBRA

A funcionalidade que queremos darlle a este blog é a de poder difundir a nosa actividade no centro, compartindo as nosas experiencias, axudando ás familias no proceso de ensinanza- aprendizaxe e sendo un lugar onde podades acudir para disfrutar e xogar cas matemáticas.